miércoles 26 de octubre de 2011

A concentración de hoxe no Galicia Confidencial

Ducias de actores toman a sede do AGADIC
A Xunta non paga as axudas ao teatro e cancela as liñas de subvencións, denuncian ducias de profesionais da escena pechados na sede do organismo que dirixe Juan Carlos Fasero.
Por Walter Burns Santiago 26/10/2011
Uns setenta actores, actrices, magos, titiriteiros e outros profesionais da escena galega están arestora pechados na sede do AGADIC, o ente da Xunta que xestiona as artes escénicas, en Santiago. Os profesionais denuncian así o impago ou cancelación dos investimentos comprometidos polo Goberno Galego."Fasero dimisión!" é o berro máis coreado polos profesionais na corredoira da sede do AGADIC en San Lázaro, entre os que hai representantes das directivas da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e de Escena Galega, que agrupa a gran parte das compañías de teatro, entre outros.A mobilización comezou as 11 da mañá e continúa cando son as 12:45. Juan Carlos Fasero, director do AGADIC, negouse en principio a recibir aos manifetantes pero, segundo fontes presentes na protesta, agora está a negociar reunirse con algunha representación.Actores e empresarios do teatro critican o recorte dos investimentos da Xunta para este sector. Por exemplo, o Executivo de Feijóo acaba de cancelar a convocatoria de 300.000 euros en axudas a pequenas entidades culturais. "A actividade teatral galega corre serio risco de desaparecer a causa da desidia da clase política galega" denuncia Escena Galega.
GC publicará nas próximas horas un vídeo da mobilización.